Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

Bo Nadal!

Imagen
  Así celebramos o Nadal no colexio... Fixemos a nosa propia árbore de Nadal pintando cos pés. Probamos experimentos para tinguir o arroz. Coñecimos a Elfi que cada día nos ía deixando algún reto: xogos, cancións... Praparamos un calendario de Adviento para os nosos compañeiros de 4 anos. e a nós nos trouxeron un, os compis de 5 anos. Cantas sorpresas! Realizamos un mural cooperativo cos compis de 4 e 5 anos. Iniciámonos na robótica cun panel que nos preparou a profe Olga. Fixemos manualidades para levar á nosa casiña e decorala. Preparamos postais de Nadal con moito agarimo.... e coa intención de saír a levalas ao buzón... mais non foi posible porque a chuvia non nos deu tregua. Pero non pasa nada porque Elfi nos prometeu que, cando voltase ao Polo Norte (para axudar a Papá Noel cos agasallos), pasaría polo buzón de Correos.  E así o fixo!  Celebramos o último día de cole coa visita dos Reis Magos e dunha chocolatada! Antes de acabar con esta entrada no blog, quería aproveitar para re

Os tres porquiños. Iniciación ás regletas.

Imagen
  Un conto non é soamente un conto.   Os contos son, moitas veces, a motivación para adquirir todo tipo de coñecementos.   Desta volta, utilizámolo como escusa para fomentar o pensamento lóxico-matemático. Así que, unha vez narrado, poñemos en marcha a adquisición de conceptos como: "menor, mediano, maior", "forte/débil", "máis que/menos que"...  Traballamos a discriminación visual de cores/ tamaños/cantidades... manipulando as regletas. Creamos unha casa para os porquiños, traballando individualmente ou en equipo... E integramos a grafía dos números "1,2,3" de maneira global (para máis adiante, facelo de forma específica)...  

Desfrutando do Outono.

Imagen
Durante este trimestre, aproveitamos a estación do outono para descubrir novas cores, texturas, olores... tomar conciencia do paso do tempo e os cambios na paisaxe que se van sucedendo co mesmo. Descubrimos as aventuras do "Caracol Viaxeiro" Axudamos ao esquío a atopar as súas follas favoritas e con el, fixemos a primeira toma de contacto coa  recta numérica. Utilizamos as follas para desenvolver a capacidade de observación e de pensamento lóxico: falamos sobre as múltiples cores que vemos nas folliñas, diferenciamos "igual-distinta", clasificamos atendendo a un criterio (de forma ou de cor, neste caso), diferenciamos agrupamentos de "máis ou de menos" cantidades... Traballamos as grafías dos números "0,1,2,3" asociados ás súas grafías.   E aproveitamos para xogar coas cores e probar novas técnicas plásticas como son: estampado e líneas verticais... Reforzamos a percepción táctil nos pés camiñando e brincando enriba de follas...  Traballamos a pr