Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

Exposición artística: "A metamorfose das cunchas".

Imagen
  Hoxe tivemos o pracer de gozar coa exposición artística: "A metamorfose das cunchas" creada por Xosé "Cantoneiro". Os cadros que observamos estaban feitos con cunchas de verdade, recollidas durante anos para compoñer os seus cadros. Moitísimas grazas, Xosé, polo teu tempo, cariño e paixón coa que nos explicaches a túa obra de arte.

DÍA DAS BILIOTECAS ESCOLARES

Imagen
 Para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares de Galicia, hoxe tivemos a sorte de contar cuns estupendos contacontos nos que os narradores/as foron os nosos compañeiros/as de 4º de Educación Primaria. Moitas grazas! Encantounos! 📕📗📘📙

Na procura da chave perdida...

Imagen
 Como algúns de vós sabedes, estamos inmersos nun apaixonante proxecto sobre os piratas e a Ría de Vigo... A semana pasada, desapareceu o monstro e os piratas da aula morada recibiron unha carta da Nena Pirata contando que perdera a chave do seu cofre no que garda todo o seu tesouro.... Os valentes piratas non o dubidaron nin un segundo e alá que foron a buscar a chave. Pero non foi tarea doada pois tiveron que pasar por un camiño máxico e atopar os números que lles axudarían a descifrar o código secreto. Pero conseguirono, entre todos, non cabe dúbida!

XORNADA DE XOGOS DE AUGA.

Imagen
Aproveitamos o bo tempo destes días para realizar unha ximcana ao aire libre. Distribuidos en cinco grupos nos que mesturamos idades, os pequenos e as pequenas descubren novos amigos/as á vez que aprenden vocabulario novo e afianzan a psicomotricidade fina. E algún aproveita para refrescarse, que falta fai estos días.😋💦💦