Desfrutando do Outono.

Durante este trimestre, aproveitamos a estación do outono para descubrir novas cores, texturas, olores... tomar conciencia do paso do tempo e os cambios na paisaxe que se van sucedendo co mesmo.

Descubrimos as aventuras do "Caracol Viaxeiro"









Axudamos ao esquío a atopar as súas follas favoritas e con el, fixemos a primeira toma de contacto coa  recta numérica.




Utilizamos as follas para desenvolver a capacidade de observación e de pensamento lóxico: falamos sobre as múltiples cores que vemos nas folliñas, diferenciamos "igual-distinta", clasificamos atendendo a un criterio (de forma ou de cor, neste caso), diferenciamos agrupamentos de "máis ou de menos" cantidades...



Traballamos as grafías dos números "0,1,2,3" asociados ás súas grafías.


 E aproveitamos para xogar coas cores e probar novas técnicas plásticas como son: estampado e líneas verticais...





Reforzamos a percepción táctil nos pés camiñando e brincando enriba de follas... 



Traballamos a prensión e a psicomotricidade fina debullando millo.



E con todo o millo que debullamos, fixemos máis actividades:

Instalación libre cos nosos compañeiros/as de Infantil.




Realizamos o noso nome.



Unha mesa sensorial para facer trasvases.




E traballamos a dramatización coa creación de marionetas do conto "Cocorico" de Oqo.













Comentarios

Entradas populares de este blog

Tola semana do Samaín!

ASÍ CELEBRAMOS O NADAL.

8M: Mulleres Pirata