Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Celebramos a Pascua!

Imagen
Esta semana estivo chea de preparativos de cara ao último día antes das vacacións de Pascua. Así que todos estabamos moi emocionados/as de que chegara por fin, o día no que o coelliño faría a súa aparición.  E como non puido ser doutra maneira, todo comezou cun contiño... "A historia do verdadeiro coello de Pascua". Despois de escoitar o conto, o coelliño propúxonos unha misión: atopar todos os ovos que nos deixara no patio da escola! E alá que fomos! E despois tivemos xogos tradicionais, nos que o pasamos pipa! Pero, o momento no que máis disfrutamos... foi cando puidemos probar o parque novo.  Despois de tanto tempo, a espera tivo a súa recompensa!

Obradoiro sobre a fauna na Ría de Vigo.

Imagen
Seguimos investigando sobre o Proxecto de centro deste curso escolar: a Ría de Vigo. Desta volta, tivemos a sorte de coñecer a Yoli, oceanógrafa titulada en Ciencias do Mar, que nos estivo ensinando as numerosas especies mariñas que hai na nosa ría.

8M: Mulleres Pirata

Imagen
  A nena pirata volveu á nosa clase con outra nova aventura: "As chicas pirata". Aproveitamos para falar sobre aquelas nenas, mulleres, señoras... que son valientes como estas intrépidas piratas e todos/as coincidían en que as máis bravas son as mamás (aínda que tamén saiu algunha profe e algunha compañeira de aula!). Ademais, aprendimos unha estrofa dunha canción que representamos entre todo o cole.  Podédela escoitar no blog da Biblioteca do colexio: https://ceipseara.blogspot.com/ Aproveitamos para felicitar aos nosos compañeiros/as de 1º de Ed. Primaria que gañaron o primeiro premio do cartel do Día Internacional da Muller. Parabéns!

Charla sobre hixiene bucodental.

Imagen
Hoxe visitounos Ana, odontóloga, con experiencia en posturoloxía, odontoloxía funcional e odontoloxía centrada en vías aéreas, que ofreceu unha lúdica charla sobre hábitos de hixiene bucodentais a todo o alumnado do colexio. Grazas polo teu labor e cariño connosco.