Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

"MONSTROS POR AQUÍ, MONSTRAS POR ALÁ"

Imagen
Durante esta semana, celebramos o Samaín con diferentes actividades e obradoiros. Apareceu Manolito no colexio rodeado de cabazas de diferentes tamaños, texturas e cores... Que aproveitamos para comparar e averiguar cal era máis grande, cal máis pequena... E intentamos abrilas para descubrir que tiñan por dentro... pero a profe non  podía co seu coitelo porque que era demasiado pequeno, así que tivo que axudarnos Luis coas súas super ferramentas. E alá nos puxemos a investigar e a sacar pepitas de cabaza... Como eran tantas, pedimos axuda aos nosos/as compis maiores. E as puxemos a secar para poder sembrar con posterioridade... Aproveitamos tamén para ler o conto de "Corre, corre cabaciña". E para observar as obras de arte de Yayoi Kusama. Realizamos obradoiros de creación de monstros mediante rolos de papel reciclado. E tamén utilizamos a luz negra para crealos e a técnica do artista Bortusk Leer. E escoitamos contos de medo: "Monstruosa Sorpresa" e "Carabuñas

Visita á exposición de aparellos radiofónicos

Imagen
Con motivo do noventa aniversario da chegada da radio a Galicia, o noso colexio foi seleccionado para realizar o proxecto “Radioemoción” por parte da Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia e coa colaboración de SiRadio e a Xunta de Galicia. Unha das partes do proxecto consistía nunha exposición sobre aparellos radiofónicos antigos que fomos visitar. Sorprendéronnos a de botóns que tiñan! Aproveitamos que a exposición era no segundo andar, para coñecer a Sala de Radio do cole. Gustoulles tanto que non querían marchar de alí sen os micros!

Obradoiro de Grafismo: "Mural Garabato Colectivo"

Imagen
Facemos o noso primeiro mural colectivo utilizando a técnica do garabato libre e utilizando pegatinas para decorar o borde.

Visita da Protectora de Animais do Morrazo

Imagen
Hoxe tivemos unha visita moi especial: dous cans e dúas voluntarias da Prote do Morrazo viñeron a falarnos sobre a súa labor. A Protectora de animais do Morrazo é unha asociación sen ánimo de lucro cuxa finalidade principal é a defensa e protección dos animais mediante a recollida de animaiss abandonados, campañas de concienciación, divulgación e xestión do seu refuxio. Explicáronnos curiosidades moi importantes que se levan a cabo na Protectora e animáronnos a participar no "Mercadillo Solidario" para recaudar comida para os peludos. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! https://www.morrazocan.com/

Merendamos zume de laranxa

Imagen
Aproveitamos a hora da merenda para probar novas texturas, sabores e sensacións... Desta volta tocoulle á laranxa! Fixemos zume de laranxa para todos... e algúns ata repetiron! Estaba boísimo!

SOMOS SOCIOS/AS DA BIBLIO

Imagen
 Esta semana fomos por primeira vez á Bilioteca e coñecemos á mascota do cole "Searín". Uns compañeiros de 5º de Educación Primaria, viñeron a lernos un conto e nos deron os nosos carnés de socios/as. E disfrutamos dun tempiño de lectura individual ou en compañías dos nosos/as amigos/as. Recordade que todos os venres levaremos un contiño para ler convosco na fin de semana.  É importante, traelo de volta o luns para poder levar outro diferente.

FELIZ DÍA DO SORRISO

Imagen
 Conmemoramos o Día do Sorriso coa lectura do conto "O poder máxico do sorriso" de Thalía Troitiño González e Luz Beloso. No libro, Mara, a protagonista, decátase de que ten moitos sorrisos e anda a darlle a volta a iso. Sabíades que non sempre sorrimos da mesma maneira? Pero un dos sorrisos que máis lle gustan a profe Ángela, prodúcese cando os pequenos/as se converten en artistas. Mírade que mural máis fermoso fixemos entre todos/as os meniños/as de Educación Infantil.