Os tres porquiños. Iniciación ás regletas.

 

Un conto non é soamente un conto.

 Os contos son, moitas veces, a motivación para adquirir todo tipo de coñecementos.

 Desta volta, utilizámolo como escusa para fomentar o pensamento lóxico-matemático.

Así que, unha vez narrado, poñemos en marcha a adquisición de conceptos como: "menor, mediano, maior", "forte/débil", "máis que/menos que"... Traballamos a discriminación visual de cores/ tamaños/cantidades... manipulando as regletas.


Creamos unha casa para os porquiños, traballando individualmente ou en equipo...


E integramos a grafía dos números "1,2,3" de maneira global (para máis adiante, facelo de forma específica)...



 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Tola semana do Samaín!

ASÍ CELEBRAMOS O NADAL.

8M: Mulleres Pirata