Bo Nadal!
Así celebramos o Nadal no colexio...
Fixemos a nosa propia árbore de Nadal pintando cos pés.
Probamos experimentos para tinguir o arroz.
Coñecimos a Elfi que cada día nos ía deixando algún reto: xogos, cancións...
Praparamos un calendario de Adviento para os nosos compañeiros de 4 anos.
Realizamos un mural cooperativo cos compis de 4 e 5 anos.
Iniciámonos na robótica cun panel que nos preparou a profe Olga.
e coa intención de saír a levalas ao buzón... mais non foi posible porque a chuvia non nos deu tregua. Pero non pasa nada porque Elfi nos prometeu que, cando voltase ao Polo Norte (para axudar a Papá Noel cos agasallos), pasaría polo buzón de Correos.
E así o fixo!
Celebramos o último día de cole coa visita dos Reis Magos e dunha chocolatada!
En España, os nenos e as nenas teñen unha media de máis de 10 agasallos...
Por que é negativo este EXCESO? Non son capaces de apreciar cada regalo, vólvense caprichosos/as e posesivos/as ao enfocarse máis no material, o feito de ter de máis xera unha insatisfacción permanente porque cantos máis xoguetes... menos imaxinación, orde, concentración, xogo de calidade...e máis frustración para o adulto.
Como podemos prevenir este exceso?
Podemos comezar por ordear, eliminar ou donar o que xa non usa para dar espazo ao novo, minimizar a exposición a pantallas (xa que estos días non paran de publicitar xoguetes) e evitar catálogos comerciais (é máis interesante que fagan as súas propias listas en funcións dos seus intereses e gustos).
E como podemos xestionar os agasallos do entorno?
Podemos suxerir ideas como que regalen algunha experiencia como un bono á piscina, a un espectáculo, a un museo..., que se xunten varios para facer un regalo máis especial, regalar material para fomentar experiencias deportivas (pelotas, bicis, patíns...), artísticas (pinturas, plastilina...) ou para pasar tempo xuntos (xogos de mesa, contos...).
Aínda que as experiencias parezan efímeras, dentro de 30 anos o que quedará presente no corazón dos vosos fillos e fillas serán as lembranzas que creastedes xuntos.
...
BO NADAL FAMILIAS!
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NO QUE VOS PIDO!
DESÉXOVOS UNHAS SEMANAS CHEAS DE MOMENTOS MÁXICOS.
Comentarios
Publicar un comentario