Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

25-N

Imagen
 "COAS MIÑAS MANS FAGO COUSAS FERMOSAS" Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar.  O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combater a violencia, explicando así a nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións. Porque as mans sirven para outras cousas, cousas fermosas como acariciar, axudar, debuxar, dar apertas...

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imagen
Despois de tanto mirar ao ceo e agardar que parase a choiva... por fin puidemos gozar dunha mañá chea de castañas e xogos tradicionais!  🌰🌰🌰

VISITA DOS BOMBEIROS/AS FORESTAIS DE GALICIA

Imagen
Hoxe tivemos unha visita moi especial: Xosé e o seu equipo de bombeiros/as forestais e axentes facultativos ambientais viñeron ao noso cole para falarnos dos perigos do lume. Esta actividade está enmarcada dentro do  PLADIGA (Plan de defensa contra incendios forestais de Galicia) . Moitas grazas polo voso tempo para concienciar aos pequenos/as sobre a prevención de incendios e grazas tamén, pola vosa valentía á hora de loitar contra o lume.