Entradas

SEMANA DO LIBRO

Imagen
 Celebramos a semana do libro con multitude de actividades relacionadas cos contos: contacontos, apadriñamentos lectores interniveis, creación de marcapáxinas, xogos de búsqueda...

Participamos no CaranveXornal

Imagen
Compartimos convosco o programa realizado para o CaranveXornal do Concello de Moaña. Agardamos que vos guste tanto velo como a nós facelo.  https://www.caranvexo.gal/index.php/caranvexorna l

A importancia da reciclaxe

Imagen
Como cada ano, tivemos a visita de Rocío, experta en reciclaxe e compost para recordarnos a importancia de separar, reutilizar e compostar. Esta actividade forma parte do programa Revitaliza, no que estamos inmersos todo o centro. Trátase dun programa no que, a través de charlas en centros educativos, se pretende concienciar no respecto ao medio ambiente e na necesidade de tratar o lixo de forma sostible.

2 ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

Imagen
"UN BARCO NO QUE CABEMOS TODAS AS PERSOAS". Para conmemorar o día mundial de concienciación sobre o autismo realizamos unha dinámica co obxectivo de desenvolver a empatía no noso alumnado. Animámosvos a que pasedes polo blog da biblio para poder ver a nosa participación no vídeo realizado para a instalación artística que se colocou no Concello. https://ceipseara.blogspot.com/2024/03/un-barco-no-que-caben-todos-2-de-abril.html

Celebramos a Pascua!

Imagen
Esta semana estivo chea de preparativos de cara ao último día antes das vacacións de Pascua. Así que todos estabamos moi emocionados/as de que chegara por fin, o día no que o coelliño faría a súa aparición.  E como non puido ser doutra maneira, todo comezou cun contiño... "A historia do verdadeiro coello de Pascua". Despois de escoitar o conto, o coelliño propúxonos unha misión: atopar todos os ovos que nos deixara no patio da escola! E alá que fomos! E despois tivemos xogos tradicionais, nos que o pasamos pipa! Pero, o momento no que máis disfrutamos... foi cando puidemos probar o parque novo.  Despois de tanto tempo, a espera tivo a súa recompensa!

Obradoiro sobre a fauna na Ría de Vigo.

Imagen
Seguimos investigando sobre o Proxecto de centro deste curso escolar: a Ría de Vigo. Desta volta, tivemos a sorte de coñecer a Yoli, oceanógrafa titulada en Ciencias do Mar, que nos estivo ensinando as numerosas especies mariñas que hai na nosa ría.

8M: Mulleres Pirata

Imagen
  A nena pirata volveu á nosa clase con outra nova aventura: "As chicas pirata". Aproveitamos para falar sobre aquelas nenas, mulleres, señoras... que son valientes como estas intrépidas piratas e todos/as coincidían en que as máis bravas son as mamás (aínda que tamén saiu algunha profe e algunha compañeira de aula!). Ademais, aprendimos unha estrofa dunha canción que representamos entre todo o cole.  Podédela escoitar no blog da Biblioteca do colexio: https://ceipseara.blogspot.com/ Aproveitamos para felicitar aos nosos compañeiros/as de 1º de Ed. Primaria que gañaron o primeiro premio do cartel do Día Internacional da Muller. Parabéns!