Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Plastilina caseira

Imagen
 Esta semana fixemos plastilina caseira. Unha experiencia manipulativa coa que traballamos o conteo, os trasvases, a motricidade fina e a creatividade. Anímovos a que a realicedes na casa sempre que queirades:

Charla "Primeiros Auxilios"

Imagen
Hoxe visitounos un técnico da Asociaciación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias en Galicia.  Con el aprendimos moitas cousas importante: un número máxico que, no caso de emerxencia, será o que teñamos que chamar para que veñan a axudarnos: 112. Tamén descubrimos que é normal poñerse nerviosos/as cando a alguén lle pasa algo malo, pero que temos que ir correndo a avisar a un adulto para que nos acompañe e nos protexa e , por suposto, e aínda que somos pequeniños/as, deunos as claves da reanimación cardiopulmonar. Grazas Uxío polo teu tempo e cariño.

SAÍDA Á LUDOTECA

Imagen
 Dentro do programa "Aprende Moaña" do Concello, para os nenos e nenas de Educación Infantil, está programada unha saída á Ludoteca Municipal. Aproveitamos esta saída para coñecer as instalacións e pasar un día de convivencia facendo o que máis nos gusta e nos enriquece como persoas:  xogar xuntos!