Celebramos a Pascua!

Esta semana estivo chea de preparativos de cara ao último día antes das vacacións de Pascua.

Así que todos estabamos moi emocionados/as de que chegara por fin, o día no que o coelliño faría a súa aparición. 

E como non puido ser doutra maneira, todo comezou cun contiño... "A historia do verdadeiro coello de Pascua".


Despois de escoitar o conto, o coelliño propúxonos unha misión: atopar todos os ovos que nos deixara no patio da escola!
E alá que fomos!


E despois tivemos xogos tradicionais, nos que o pasamos pipa!










Pero, o momento no que máis disfrutamos... foi cando puidemos probar o parque novo. 
Despois de tanto tempo, a espera tivo a súa recompensa!












Comentarios

Entradas populares de este blog

ASÍ CELEBRAMOS O NADAL.