Ao longo destas dúas semanas, realizamos actividades para fomentar a creatividade a través da expresión e representación da emoción do medo. A continuación amosamos algunhas delas: Exposición de cabazas decoradas en infantil: Exposición de cabazas decoradas en Primaria: Mesas sensoriais: Mesas de luz: Obradoiros de arte con pintura fosforita: A profe Gemma maquillounos dos nosos personaxes favoritos: Vaciamos cabazas para coller a súa semente. Aprendimos cos xogos de mesa relacionados coa temática do medo. Realizamos obradoiros de cociña terroríficamente "deliciosos": Formamos a nosa propia "monstruosa sorpresa" Elaboramos o migallo para os nosos compis de 1º de Educación Primaria: E os de quinto de Primaria nos prepararon o Migallo a nós: Creamos os nosos monstros para o vídeo de Samaín e lles puxemos nome: Logo de aprender e gravar a canción na radio, quedou así de divertido: Os contos que descubrimos ao longo deste tempo de Samaín foron os seguintes: Agarda...
Estas foron algunhas das actividades que realizamos durante este mes de decembro... - Propostas manipulativas: mesas sensoriais, xogos psicomotrices... Obradoiro de galletas de Nadal: Estaban tan ricas que ata Elfi baixou a probar unha! - Búsqueda das galletas de Nadal perdidas polo patio: identificación imaxe- grafía do número. - Elaboración de elementos decorativos navideños: con arcilla branca, portavelas con cunchas... - Realización de postais navideñas: E as levamos ao buzón (que por certo, enchemos completamente. Van ter moito traballo os de Correos!) - Participamos na Feira solidaria: - Escribimos ou debuxamos a carta aos Reis Magos: Como todos os anos, fixemos o calendario de Advento para regalarlle a outra clase. Desta vez nos tocou 4º de Ed. Primaria e, que coincidencia, que nós tamén lle tocamos a eles. Queredes ver o resto dos calendarios? Son unha auténtica marabilla! BO NADAL PARA TODOS! VÉMONOS Á VOLTA!
A nena pirata volveu á nosa clase con outra nova aventura: "As chicas pirata". Aproveitamos para falar sobre aquelas nenas, mulleres, señoras... que son valientes como estas intrépidas piratas e todos/as coincidían en que as máis bravas son as mamás (aínda que tamén saiu algunha profe e algunha compañeira de aula!). Ademais, aprendimos unha estrofa dunha canción que representamos entre todo o cole. Podédela escoitar no blog da Biblioteca do colexio: https://ceipseara.blogspot.com/ Aproveitamos para felicitar aos nosos compañeiros/as de 1º de Ed. Primaria que gañaron o primeiro premio do cartel do Día Internacional da Muller. Parabéns!
Comentarios
Publicar un comentario