25N: ARTUR E CLEMENTINA
Para conmemorar o día internacional da eliminación da violencia de xénero realizamos varias propostas.
Contamos o conto de Artur e Clementina:
Conversamos sobre as emocións de ambos personaxes, o que significa tratar ben e mal, e como debemos de facer ante aquelas persoas que nos tratan mal.
Inventamos un novo final para Clementina: marchou ao mundo dos unicornios, foi nadar, quixo ver un partido de fútbol, viaxou a México, aprendeu a tocar a frauta, foi xogar con outros animais, marchou á sabana e logo ás montañas, disfrutou de Canarias e de Bolivia, realizou unha viaxe en autocaravana...
Grazas pola vosa participación na instalación artística que temos exposta na entrada do colexio. Paredes repletas de mans que simbolizan tódalos aspectos fermosos da vida: forza, arte, paixón, amor...
Comentarios
Publicar un comentario