Celebramos a Pascua!
Esta semana estivo chea de preparativos de cara ao último día antes das vacacións de Pascua. Así que todos estabamos moi emocionados/as de que chegara por fin, o día no que o coelliño faría a súa aparición. E como non puido ser doutra maneira, todo comezou cun contiño... "A historia do verdadeiro coello de Pascua". Despois de escoitar o conto, o coelliño propúxonos unha misión: atopar todos os ovos que nos deixara no patio da escola! E alá que fomos! E despois tivemos xogos tradicionais, nos que o pasamos pipa! Pero, o momento no que máis disfrutamos... foi cando puidemos probar o parque novo. Despois de tanto tempo, a espera tivo a súa recompensa!