A tribu dos Ecobechos

A xestión de residuos é un dos principais problemas ambientais aos que nos enfrontamos diariamente como comunidade. A concienciación dende os primeiros anos é fundamental para reducir os elevados custes económicos e ambientais que supón a recollida e tratamento dos residuos. Impulsando a compostaxe conseguimos a súa redución dunha maneira importante.

Por iso, participamos, como todos os anos no programa Revitaliza (impulsado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Moaña), a través do cal nos dan formación a profes e a crianzas sobre como facer compost e as súas vantaxes.

Esta semana tivemos a visita de Rocío, que nos deu a coñecer aos diferentes tipos de bechos que viven baixo a terra e a relevancia que teñen á hora de compostar.

Graciñas Rocío, coma sempre pola túa simpatía.














Comentarios

Entradas populares de este blog

Tola semana do Samaín!

ASÍ CELEBRAMOS O NADAL.

8M: Mulleres Pirata