Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

Saímos no Caranvexornal!

Imagen
O CaranveXornal é unha iniciativa proposta polo Concello de Moaña que consiste nunha TV escolar de Moaña, co propósito de desenvolver un recurso de innovación educativa pensado como un proxecto colectivo, participativo e transversal para contribuír na construción dun ámbito educativo moañés, que vincule os diferentes centros educativos deste termo municipal e cuxa lingua de comunicación sexa o galego. Agardamos que vos guste:

Lipdub do día da Paz

Imagen
 Para conmemorar o día da Paz colaboramos, xunto con todo o alumnado do colexio, neste bonito lipdub. Agardamos que vos guste. 😀

Maxia no cole

Imagen
 Hoxe tivemos a sorte de ter, na nosa aula, a un mago de verdade (que coincidía que era o irmán dunha compi da clase... pura coincidencia😋). Desfrutamos moito cos seus trucos! GRAZAS BORJA! 🧙 VOLVE CANDO QUEIRAS!

DESCUBRINDO O INVERNO

Imagen
Durante este mes realizamos actividades nas que o centro de interés foi a estación do ano que estamos vivindo.  A partir dos cambios observados na paisaxe, presentamos diferentes propostas nas que poderán reforzar a percepción sensorial respecto ás cores, temperaturas, texturas... Realizamos un mural cooperativo no que se mesturan diferentes cores fríos de maneira libre. Realizamos neve artificial con bicarbonato sódico e auga: Pintamos con xeo: E fixemos o noso propio boneco de neve mediante trasvases de arroz:

COLOUSE UN DINO NA NOSA CLASE!

Imagen
 Hoxe tivemos un gran susto! Mellor dito... unha gran sorpresa!!! A profe Delia nos ensinou o dinosaurio que adoptara...  E tamén nos contou un contiño... Grazas profe Delia!!

A tribu dos Ecobechos

Imagen
A xestión de residuos é un dos principais problemas ambientais aos que nos enfrontamos diariamente como comunidade. A concienciación dende os primeiros anos é fundamental para reducir os elevados custes económicos e ambientais que supón a recollida e tratamento dos residuos. Impulsando a compostaxe conseguimos a súa redución dunha maneira importante. Por iso, participamos, como todos os anos no programa Revitaliza (impulsado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Moaña), a través do cal nos dan formación a profes e a crianzas sobre como facer compost e as súas vantaxes. Esta semana tivemos a visita de Rocío, que nos deu a coñecer aos diferentes tipos de bechos que viven baixo a terra e a relevancia que teñen á hora de compostar. Graciñas Rocío, coma sempre pola túa simpatía.