"MONSTROS POR AQUÍ, MONSTRAS POR ALÁ"

Durante esta semana, celebramos o Samaín con diferentes actividades e obradoiros.


Apareceu Manolito no colexio rodeado de cabazas de diferentes tamaños, texturas e cores...



Que aproveitamos para comparar e averiguar cal era máis grande, cal máis pequena...


E intentamos abrilas para descubrir que tiñan por dentro... pero a profe non  podía co seu coitelo porque que era demasiado pequeno, así que tivo que axudarnos Luis coas súas super ferramentas.


E alá nos puxemos a investigar e a sacar pepitas de cabaza... Como eran tantas, pedimos axuda aos nosos/as compis maiores.







E as puxemos a secar para poder sembrar con posterioridade...

Aproveitamos tamén para ler o conto de "Corre, corre cabaciña".



E para observar as obras de arte de Yayoi Kusama.




Realizamos obradoiros de creación de monstros mediante rolos de papel reciclado.




E tamén utilizamos a luz negra para crealos e a técnica do artista Bortusk Leer.








E escoitamos contos de medo: "Monstruosa Sorpresa" e "Carabuñas".











E botamos os nosos medos fóra!




Grazas a todas pola vosa colaboración na elaboración de cabazas.
Quedaron terroríficas!👻👻







































Comentarios

Entradas populares de este blog

Tola semana do Samaín!

ASÍ CELEBRAMOS O NADAL.

8M: Mulleres Pirata