"MONSTROS POR AQUÍ, MONSTRAS POR ALÁ"
Durante esta semana, celebramos o Samaín con diferentes actividades e obradoiros. Apareceu Manolito no colexio rodeado de cabazas de diferentes tamaños, texturas e cores... Que aproveitamos para comparar e averiguar cal era máis grande, cal máis pequena... E intentamos abrilas para descubrir que tiñan por dentro... pero a profe non podía co seu coitelo porque que era demasiado pequeno, así que tivo que axudarnos Luis coas súas super ferramentas. E alá nos puxemos a investigar e a sacar pepitas de cabaza... Como eran tantas, pedimos axuda aos nosos/as compis maiores. E as puxemos a secar para poder sembrar con posterioridade... Aproveitamos tamén para ler o conto de "Corre, corre cabaciña". E para observar as obras de arte de Yayoi Kusama. Realizamos obradoiros de creación de monstros mediante rolos de papel reciclado. E tamén utilizamos a luz negra para crealos e a técnica do artista Bortusk Leer. E escoitamos contos de medo: "Monstruosa Sorpresa" e "Carabuñas...