Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

Artellando con Marc Taeger!

Imagen
 Ollade que lindura de mural nos quedou ao carón da horta! Ao longo de dúas semanas, todo o alumnado do colexio estivo traballando da man de Marc Taeger para conseguir este marabilloso resultado. Para as familias que non o coñezan, Marc é un artista que ilustrou algunhas das nosas obras literarias favoritas. Déixovos algunha por si vos interesa.

Colleita de fabas

Imagen
 Hoxe recollimos os froitos das sementes que plantamos a principios do inverno... moito tivemos que agardar para poder recoller estas fabas, pero a horta é pura paciencia! Como non nos dá para facer unha fabada, realizamos actividades de observación e conteo: cal é máis longa, quen ten máis, menos... e despois, cada pequeno/a levou para casa unhas pouquiñas para degustar ou voltar a plantar.

COCIÑANDO COS AVOÍÑOS E AVOÍÑAS

Imagen
 Durante este mes, viñeron a ensinarnos diferentes receitas algunhas avoas e avós dos pequenos/as do cole. Ollade que ben o fixeron e o que aprendimos! Moitas grazas polo voso tempo e agarimo! Encántanos tervos connosco!

Obradoiros STEAM: Biblioteca Creativa.

Imagen
 A proposta de hoxe veu da man de Paola Guimeráns, quen foi a responsable de impartir os obradoiros STEAM que nos proporciona a Xunta por estar inscritos no proxecto da Biblioteca Creativa. Con ela traballamos a psicomotricidade fina, o pensamento computacional e a resolución de problemas.

Día do Medio Ambiente

Imagen
Celebramos o día do Medio Ambiente cos contos de Anxo Moure!  

VISITA Á LUDOTECA MUNICIPAL

Imagen
 Como cada ano, visitamos a Ludoteca Municipal para coñecer as súas instalacións e pasar unha xornada de convivencia cos nosos amigos/as. Grazas a Bibi e Sara polo seu tempo e cariño connosco,  sempre ensinándonos novos xogos que descubrir!