Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Excursión ao Grove

Imagen
Por fin realizamos a excursión que tanto estabamos agardando:  o Acuario do Grove! Alí puideron descubrir a multitude de especies mariñas que viven nos nosos mares así como a importancia do seu respecto e coidado. Aproveitamos o día para comer e visitar a aldea dos Grobits. Pasámolo xenial na compañía dos nosos amiguiños/as!!

Visita da garda civil

Imagen
O xoves pasado visitáronnos varios membros da garda civil de Pontevedra: servizo cinolóxico (guía de cans), Gedex, Pegaso, Tráfico, Seguridade Cidadá, Seprona, Policía Xudicial, Usecic e Plan Director. O alumnado descubriu en que consiste o seu traballo a través das exhibicións das diferentes especialidades, pero sen dúbida o que máis lles gustou foi montar na moto e poder acariciar a Homer, o can policía. Grazas por compartir connosco o voso tempo e afecto.

Ata a próxima maio!

Imagen
Ao longo deste mes, realizamos moitas actividades relacionadas coa natureza, pero sen dúbida, a máis significativa foi a elaboración e posterior celebración do Maio... Se queredes botar unha ollada ao noso festexo, pasade polo blo da biblio! https://ceipseara.blogspot.com/

Unha redeira moi especial

Imagen
Esta semana tivemos a sorte de contar con Merchi, unha redeira moi especial e mamá do cole, que nos amosou os tipos de redes que usan e nos explicou multitude de curiosidades relacionadas con esta arte. Graciñas, Merchi, polo teu tempo e agarimo.

Tear feito con elementos naturais

Imagen
 Esta semana creamos un tear feito con elementos prestados da natureza. A través desta dinámica traballamos conceptos básicos, lóxicos, texturas, cores, psicomotricidade fina... Podedes ver o vídeo da actividade, no blog da Biblioteca: https://ceipseara.blogspot.com/2024/05/land-art-educamocfora-da-aula.html