Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

AS FABAS MÁXICAS DE XAN

Imagen
A partires do conto tradicional de "Xan e as fabas máxicas" fixemos un experimento para observar o crecemento dunha semente. Ás criaturas que xa lles medrou tanto como para chegar ao castelo, puideron levalas para casa.  Non obstante, a outra metade da clase aínda teñen que agardar algúns días máis, porque o crecemento das plantas (como o da maioría dos seres vivos) vai "ao seu ritmo".

Espuma como ferramenta de expresión artística.

Imagen
 Nova proposta para traballar a expresión artística: espuma e colorante alimentario.  Experimentamos cos sentidos, unha textura fría, suave, blandiña... e aproveitamos para facer formas xeométricas, esquemas corporais, letras, números...