Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

"Vivan as uñas de cores"

Imagen
  Esta é a historia de Juan, pero podería ser a historia de calquera persoa que se sinte axuizada e condicionada polos seus gustos.  Traballamos este conto no día de hoxe, para abrir diálogo, romper estereotipos de xénero, crear conciencia e recordar a beleza que hai no xogo como tal, sen ter que encaixar en ningún rol. Porque é aí onde nace a igualdade e o respecto cara todas e todos. E por que non? reforzar a motricidade fina que tan ben nos vén. E a paciencia! E preparados/as para seguir xogando... Ups, non! Que os profes tamén queren!

Un barquiño de cáscara de noz

Imagen
Realizamos un experimento de flotación para traballar o pensamento científico: se plantexa un problema, se formulan hipóteses e se realizan as probas experimentais para afirmar ou negar a hipótese plantexada. Aproveitamos tamén para crear os nosos propios barquiños e aprender a canción.

Saída ao Museo Mar de Vigo

Imagen
 A saída ao Museo Mar de Vigo enriqueceu o noso coñecemento sobre os conceptos que estamos traballando este ano co proxecto de centro que trata sobre a Ría de Vigo.  Alí descubrimos as diferentes especies que podemos atopar na contorna marítima máis próxima: varios tipos algas así como animais que viven no mar (cabaliños de mar, centolas, rodaballos, manta raias...).  Pero o que máis nos sorprendeu, foi sen lugar a dúbida: os tiburóns!

Charla "Alimentación Saudable"

Imagen
Aprendemos sobre alimentación saudable da man de dúas nutricionistas do Centro de Saúde de Moaña. Graciñas polo voso tempo e cariño.

Celebramos o Magosto

Imagen

CONFERENCIA SOBRE A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E PESQUEIRA

Imagen
Inmersos no proxecto de centro sobre a Ría de Vigo... hoxe tivemos a sorte de descubrir en que consiste o traballo de Rubén , o papá de Luca. Amosounos por dentro o Buque Oceanográfico Ramón Margalef, pertencente ao IEO (Insitituto Español de Oceanografía) e contounos moitas curiosidades sobre os proxectos de investigación que están realizando. Moitas grazas polo voso tempo compartido!

TOLA SEMANA DE SAMAÍN

Imagen
 Esta é unha das semanas que máis nos gustan do curso escolar. Aproveitamos a súa temática para traballar conceptos, emocións, sensacións, habilidades sociais, convivencia... pero sobre todo gozamos xogando xuntos! Exposición de cabazas decoradas: Obradoiros de luz negra: Mesas sensoriais: Obradoiros de creación de historias a través das mesas de luz: Creación de monstros divertidos: Xogos de mesa cooperativos: Vaciamos cabazas: Pedimos o migallo e repartimos agasallos feitos coas nosas mans.  Grazas aos compañeiros/as de 2º de Primaria por elaborarnos eses xogos "Tres en raia" tan divertidos. Descubrimos contos terrorificamente divertidos: Versionamos o conto de "Dez tímidos fantasmas" para darlles o migallo aos nenos e as nenas de 4º de Educación Primaria. E gozamos dunha estupenda xornada de convivencia todos xuntos/as! Grazas a todas as familias pola vosa participación!