Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

Contacontos de Olalla González.

Imagen
Que sorte poder escoitar os contos de Olalla González  na súa propia voz! Graciñas por compartir o teu tempo e talento connosco!

Obradoiro da Biblioteca Creativa: "Makey Makey e os sons das cores".

Imagen
 Hoxe tivemos un obradoiro dirixido por Paola Guimeráns, doutora especialista en enseñanzas STEAMS, que nos aproximou ao mundo do "Makey Makey" a través do cadro de Kandinsky. A "Makey Makey" é unha placa electrónica que permite convertir obxectos cotiáns nos paneis táctiles e combinalos con internet ou Scratch grazas á propiedade da condutividade. Desta maneira, os pequenos/as lograron que das súas obras de arte sairan sons musicais.

Contacontos: "Pelliscos viaja con sus emociones"

Imagen
Patricia Merchán, compañeira e autora do conto "Pelliscos viaja con sus emociones" estivo contándonos a historia da tartaruga que quería chegar á lúa. Que aventura tan chea de emocións! Graciñas Patri polo teu tempo e agarimo!

Saída á Illa de San Simón

Imagen
 Hoxe tivemos unha estupenda xornada de convivencia e descubrimento na illa de San Simón!

Proxecto das Abellas.

Imagen
Estas foron algunhas das actividades que realizamos dentro do proxecto das "Abellas":  Elaboración dun recuncho con información para a investigación libre das diversas funcións das abellas (ciclo da vida, tipos de abellas, contos, tipos de colmeas... ). Iniciación á robótica a partir de paneles sinxelos sobre a primavera: Manualidades plásticas: Mesas sensoriais preparadas para realizar trasvases, clasificacións, conteo e experimentación libre. Xogos de mesa cooperativos para traballar a atención, a memoria a curto prazo, a adquisición de normas e o control inhibitorio.

Area máxica

Imagen
 Seguimos mesturando materiais!. Desta volta, tocou fariña e aceite... e tachán!  AREA MÁXICA PARA FACER XEADOS!

Probando as primeiras leitugas do horto.

Imagen
 As leitugas do noso horto xa están listas para ser comidas, polo que preparamos unha deliciosa ensalada! Bon appétit!