Hoxe visitounos un técnico da Asociaciación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias en Galicia. Con el aprendimos moitas cousas importante: un número máxico que, no caso de emerxencia, será o que teñamos que chamar para que veñan a axudarnos: 112. Tamén descubrimos que é normal poñerse nerviosos/as cando a alguén lle pasa algo malo, pero que temos que ir correndo a avisar a un adulto para que nos acompañe e nos protexa e , por suposto, e aínda que somos pequeniños/as, deunos as claves da reanimación cardiopulmonar. Grazas Uxío polo teu tempo e cariño.