Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

"Aí vén o maio!"

Imagen
Seguimos celebrando a primavera!  ❀ Desta volta, todo o alumnado de Educación Infantil participou na elaboración do Maio. Descubrimos nomes novos: xestas, fiunchos, pampullos, calas, camelias... olores, texturas.... Traballamos moito! E gozamos das cancións tradicionais e dos bailes na compañía dos nosos/as amigos/as! Se pasades polo blog da nosa Biblio, podedes descubrir todo o proceso: http://ceipseara.blogspot.com/

"Semana do libro"

Imagen
Para conmemorar o día do libro, realizamos durante a semana varias actividades relacionadas co tema da lectura... Elaboramos os nosos propios marcapáxinas personalizados e con elementos da estación na que nos atopamos: pétalos de flores, folliñas secas, felgos... E realizamos o apadriñamento lector cos nosos compis maiores de 4º de Educación Primaria. Moitas grazas, encantáronnos os vosos contos!

A nosa primeira excursión: "Apípolis"

Imagen
O mércores desta semana gozamos dun marabilloso día de convivencia no centro Apípolis. Aprendimos moitas curiosidades sobre o centro de interés do proxecto no que estamos inmersos e todo dunha maneira experiencial... E fixemos un obradoiro de cociñas no que preparamos deliciosas galletas de mel.... ummm, que boas que estaban!

2 ABRIL: "DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO"

Imagen
 Para conmemorar o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo", participamos na elaboración desta instalación artística  situada nos Xardíns do Concello de Moaña. Acompáñase dun vídeo no que aparece o proceso de elaboración da obra, ademais da lectura dun emotivo texto escrito pola nai dun rapaz con autismo. Grazas a toda a comunidade educativa por participar e por atreverse a camiñar noutros zapatos. .