Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

"21 días en Galego"

Imagen
 Durante estos 21 días en galego aprendemos palabras novas a partires dalgúns xogos como os de búsqueda de parellas, memorys, flash cards...

BENVIDA PRIMAVERA!

Imagen
Celebramos o comezo da primavera cos contos de "Pés de lobo"  (tamén coñecido para as persoas adultas como Anxo Moure).  

Actividades para reforzar a psicomotricidade fina.

 

Instalación con roupa de inverno

Imagen
 A través desta instalación, traballamos as diferentes prendas de inverno, as súas cores, texturas, partes do corpo na que se colocan, autonomía persoal...

Experimento de desconxelación

Imagen
 Esta semana, sucedeu algo dramático: os animais cos que xogamos a diario estaban atrapados nun bloque de xeo! Tivemos que pensar entre todos como poderíamos rescatalos, que materiais ou ferramentas poderíamos utilizar e que nos axudaría a desconxelar o bloque (calor, sal...) Precisamos de toda unha mañá para conseguilo (a natureza trascorre moi despaciño... ao igual que as cousas importantes da vida).  Pero ao final, lográmolo!

8- M: "Remando cara a Igualdade"

Imagen
  Celebramos o Día da Muller con este obradoiro creado polas artistas do "Baúl da tía Tola". O obxectivo principal foi resaltar a igualdade e o respecto como valores esenciais para a convivencia entre as persoas.

Visita de Miguel López "O Hematocrítico"

Imagen
 Esta semana tivemos a sorte de poder gozar da voz do autor de moitos dos nosos contos favoritos:  O HEMATOCRÍTICO! Comparto convosco algúns títulos para os máis pequenos/as: E tamén para os adultos: